Xa arrancou o noso proxecto Erasmus+.
Durante os vindeiros 3 cursos (dende 2017
até 2020) desenvolveremos as actuacións previstas, consistentes na
catalogación e elaboración de recursos dixitais do noso patrimonio
histórico-cultural-natural. O obxectivo é proveer ao noso concello dunha
serie de material multimedia (audioguías, folletos, sinalizacións,
rutas...) que melloren a oferta turística e a experiencia dos visitantes
que se acheguen a Meis.
O noso socio é Colaiste Ignaid de Galway. Este proxecto ten o valor engadido de que Galway no 2020 ostentará a
capitalidade cultural europea, sendo presentado neste foro o noso
proxecto e as súas conclusións.Alumnas de 4ºESO en plena elaboración da postal navideña 3D coas imaxes dalgúns dos elementos patrimoniais máis relevantes do Concello de Meis.
Unha pequena mostra do seu primeiro traballo
Ademais para garantir a difusión, temos pechado un acordo con TVG e TG4 para emitir as accións realizadas en forma de corto de animación, onde os rapaces e rapazas falando nas súas linguas vernáculas (galego e gaélico) serán os que relaten logros acadados.O proxecto tamén pretende pór en valor as linguas minoritarias propias, sendo todos os materiais que se elaboren accesible en gaélico e galego.
Como intercambio de boas prácticas que é, o proxecto prevé que participen 15 alumnos e alumnas do Mosteiro, e outros tantos de Galway cada ano. 90 estudantes en total ao longo dos tres anos que inercambiarán as súas experiencias unha semana, polo que 15 rapaces e rapazas de Meis viaxarán a Irlanda cada ano.
A información das actividades que se fagan dentro do programa Erasmus+ teñen o seu espazo propio na rede no blog ao que se accede a través do seguinte enlace.
Ningún comentario:
Publicar un comentario