xoves, 21 de decembro de 2017

Postal de Nadal 2017

Bo Nadal e felices festas a todo o mundo



mércores, 20 de decembro de 2017

Proxecto Erasmus+ Museo do Tempo Galway-Meis


https://museodotempo.wordpress.com/
Xa arrancou o noso proxecto Erasmus+.
Durante os vindeiros 3 cursos (dende 2017 até 2020) desenvolveremos as actuacións previstas, consistentes na catalogación e elaboración de recursos dixitais do noso patrimonio histórico-cultural-natural. O obxectivo é proveer ao noso concello dunha serie de material multimedia (audioguías, folletos, sinalizacións, rutas...) que melloren a oferta turística e a experiencia dos visitantes que se acheguen a Meis.
O noso socio é Colaiste Ignaid de Galway. Este proxecto ten o valor engadido de que Galway no 2020 ostentará a capitalidade cultural europea, sendo presentado neste foro o noso proxecto e as súas conclusións.

Alumnas de 4ºESO en plena elaboración da postal navideña 3D coas imaxes dalgúns dos elementos patrimoniais máis relevantes do Concello de Meis.


Unha pequena mostra do seu primeiro traballo

Ademais para garantir a difusión, temos pechado un acordo con TVG e TG4 para emitir as accións realizadas en forma de corto de animación, onde os rapaces e rapazas falando nas súas linguas vernáculas (galego e gaélico) serán os que relaten logros acadados.
O proxecto tamén pretende pór en valor as linguas minoritarias propias, sendo todos os materiais que se elaboren accesible en gaélico e galego.
Como intercambio de boas prácticas que é, o proxecto prevé que participen 15 alumnos e alumnas do Mosteiro, e outros tantos de Galway cada ano. 90 estudantes en total ao longo dos tres anos que inercambiarán as súas experiencias unha semana, polo que 15 rapaces e rapazas de Meis viaxarán a Irlanda cada ano.
A información das actividades que se fagan dentro do programa Erasmus+ teñen o seu espazo propio na rede no blog ao que se accede a través do seguinte enlace.

domingo, 3 de decembro de 2017

Arrancou o proxecto Xornalistas Escolares

Arrancou por fin o proxecto Xornalistas Escolares. Unha idea que nace na aula de Audición e Linguaxe co obxectivo principal de mellorar a comunicación e expresión oral do alumnado dos nosos últimos ciclos de Educación Primaria. Nesta primeira edición poderá apuntarse, de xeito voluntario, alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.

https://xornalistasescolares.wordpress.com/

Os protagonistas son todos os alumnos e alumnas que de xeito voluntario e por parellas, participan neste proxecto piloto e que durante dúas semanas exercerán de xornalistas por todo o centro.

Co seu carné de prensa terán certos privilexios á hora de estar na primeira liña dos eventos máis destacados do centro, saídas ou experiencias novidosas, así como o “dereito á impertinencia”, que lles permitirá preguntar e resolver dúbidas durante todos estos eventos. Aparte poderán solicitar se así o necesitran o emprego temporal dunha cámara de fotos dixital. Tamén serán usuarios directos dunha tablet e un ordenador portátil para a subida dos contidos a este diario. Por último, aprenderán o manexo principal da mesa de mezclas e editor de audio da Radio Escolar Mosteiro Meis.

Ao longo do curso o alumnado que demostre ter mellorado na elaboración de novas e transmisión das mesmas irá adquirindo novos niveis e responsabilidades, categorizadas do seguinte xeito por orde de importancia:
  • Becari@
  • Plumilla
  • Locutor/a
  • Director/a
  • Técnico de radio
Xa podedes escoitar os programas que eles e elas mesm@s gravan e ler as novas que veñen de escribir no seu diario dixital

Contra a violencia de xénero

Se o outro día eran o alumnado de 3º de Primaria o que co seu video loitaba contra a violencia de xénero, neste caso é a rapazada de 3º pero da ESO a que nos veñen a falar das verbas tóxicas e de cales son os seus antídotos. Non perdades este video que está xenial.