domingo, 26 de novembro de 2017

Cambiar está na túa man 25N

#cambiarestánatúaman Este é o hastag co que o alumnado de 3º de Primaria quere mudar as cousas no 25 de novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Un día importante e que elas e eles consideran que as cousas poden cambiar dende xa e que o cambio está na man de cada un. Comezando por eliminar as malas palabras que provocan o maltrato e a violencia.


Galiciencia 2017

Nuns días seguro que poderemos escoitar da mesma voz de Milena e o profe Camilo a xenial experiencia que foi este ano Galiciencia.



Polo de pronto aquí podedes ver un video resumo do traballo co que participaron: "Do pizarrín á pizarra dixital".







sábado, 18 de novembro de 2017

Galiciencia 2017

De novo un ano máis o CPI Mosteiro Meis acudirá a Galiciencia da man do profe Camilo e o alumnado de 4º da ESO. E xa é o cuarto ano!  Noraboa polo traballo!

As encargadas de representarnos serán dúas rapazas: Sandra e Milena. Moita sorte compañeiras!

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/o-grove/2017/11/17/valle-inclan-mosteiro-colegios-elegidos-galiciencia/0003_201711A17C5991.htm

sábado, 4 de novembro de 2017

Asasinatos no CPI Mosteiro Meis

Á mañá do 3 de novembro amencía cun algo distinto no ambiente que se respiraba no CPI Mosteiro Meis. Na primeira hora, unha inquietante nova chegaba a todas as aulas de primaria.
Viñan de producirse unha serie de asasinatos no edificio da radio escolar. Pero non só iso, o profesor de secundaria Fernando, estaba desaparecido e os investigadores da policía tan só atoparon este inquietante video da cámara de seguridade da radio.


O alumnado máis valente, así como algúns dos profesores decidiron entrar na casa acompañados do Teniente Prado da Guardia Civil e máis do Doutor Cabaleiro, médico forense, a ver se eran quen de descifrar o que alí acontecera, sen embargo, as imaxes resultantes desa aventura son se cabe máis escalofriantes e terroríficas. Mirade.