Escoitade aquí a entrevista completa na que falan alumnos e alumnas xunto cos profesores.
luns, 2 de xullo de 2018
A solidaridade do alumnado do CPI Mosteiro Meis na Cadena Ser
O alumnado do CPI Mosteiro Meis xunto cos profesores Raúl, Manuel e Camilo foron entrevistados na Cadena Ser de Pontevedra con motivo do II Solifesti e a colaboración solidaria coa Escola de Xadrez de Pontevedra.
Etiquetas:
Curso 2017-18,
Entrevistas,
Festival,
Primaria,
Solidaridade,
Solifesti,
Videos
venres, 15 de xuño de 2018
O SOLIFESTI foi todo un éxito
Unha segunda edición deste festival que o ano pasado sorprendeu a todo o mundo e que este curso da visos de convertirse nun clásico Meisino.
Temos que agradecer a toda a comunidade educativa e ao profesorado que se implicou dun xeito incrible. Gracias!
Temos que agradecer a toda a comunidade educativa e ao profesorado que se implicou dun xeito incrible. Gracias!
martes, 12 de xuño de 2018
II Festival Solidario SOLIFESTI
O
vindeiro xoves 14 de xuño organizaremos a 2ª edición do SOLIFESTI, que
como xa sabedes trátase dun festival musical solidario, no que non
faltan actuacións de grupos de diversos tipos de música, así como
actuacións dos rapaces e rapazas do noso centro.
Ademáis
teremos postos de venda de comida e bebida ao igual que o ano pasado. A
recadación vai destinada para axuda ao pobo sirio. Contamos co
patrocinio de diversas firmas da contorna, así como a do propio CPI
Mosteiro-Meis.
Agardamos
contar con vós para que o festival sexa todo un éxito, e pasar un bó
rato mentres aportamos o noso grao de area na solución humanitaria do
pobo sirio.
As actuacións comezarán a partir des 19:00h do xoves 22 de xuño. A
entrada é de balde, e a recadación realizarase coa venda de bebidas,
choripáns e camisetas.martes, 27 de xuño de 2017
Fin de curso co SOLIFESTI
Pois si amighiñ@s, o final deste fantástico curso chegou ao CPI Mosteiro Meis e fíxoo do mellor xeito posible, cun festival solidario no que participou tanto alumnado como profesorado e músic@s de toda a bisbarra. O evento foi de tal magnitude que incluso o Faro de Vigo fíxose eco.
Despedimos xa o curso e non o podemos facer sen darlle as gracias a todos, os que viñeron novos e aos que se van, a todas as familias, profesorado, compañeiros e compañeiras que traballan no centro e por suposto á nosa razón de existir, ao noso querido alumnado.
Desfrutade das merecidas vacacións! Vémonos en setembro!
Despedimos xa o curso e non o podemos facer sen darlle as gracias a todos, os que viñeron novos e aos que se van, a todas as familias, profesorado, compañeiros e compañeiras que traballan no centro e por suposto á nosa razón de existir, ao noso querido alumnado.
Desfrutade das merecidas vacacións! Vémonos en setembro!
Preme na imaxe para ler a noticia completa
Etiquetas:
Curso 2016-17,
Festival,
Fin de curso,
Primaria,
Secundaria,
Solidaridade
martes, 20 de xuño de 2017
VINDE AO SOLIFESTI!
Este xoves 22 de xuño celebramos o 1º Festival Solidario do CPI Mosteiro Meis, o SOLIFESTI para recaudar fondos e axudar ao pobo Sirio. E o remate dun proxecto que este ano levou a cabo o centro. O xoves haberá actuacións de grupos de profes e outras bandas da zona e de Pontevedra e Vigo que amenizarán unha xornada na que toda a comunidade educativa se dará cita no Campo da Feira de Mosteiro (Meis). Haberá comida, bebida e moita festa!
Non faltedes!
VINDE AO SOLIFESTI!






