venres, 21 de decembro de 2018

Bo nadal

De parte de todo o alumnado e profesorado, agardamos que teñades un Bo Nadal!



xoves, 20 de decembro de 2018

Bo nadal de parte do alumnado de sexto

O alumnado de sexto quere felicitarvos as festas cun video aproveitando para enviar unha mensaxe aos Reis Magos, para que teñan cabeciña nestas festas

luns, 17 de decembro de 2018

Visita ao Concello de Meis

  Como remate dos proxectos " A nosa localidade" de 2º de Primaria e "Institucións e organismos públicos" de 4º de Primaria, hoxe visitamos o concello de Meis. O alcalde recibiunos no Salón de Plenos e contestou a todas as nosas preguntas.

domingo, 9 de decembro de 2018

Excursión á Coruña

  Menuda saída científica que fixo o alumnado de 4º e 6º de Primaria! Pola mañá o MUNCYT, cheo de inventos, robots...e, o mellor, a cabina dun avión! Pola tarde, un paseo marítimo repleto de datos históricos e, para rematar, visita á Casa das Ciencias, a mellor forma de fomentar o espíritu científico dos nenos e nenas!!

                                                                                              


sábado, 1 de decembro de 2018

Xogando a multiplicar

Aprender as tablas de multiplicar é moi divertido! Os nenos e nenas de 4º de Primaria xa as saben moi ben e  organizaron uns obradoiros de xogos para que os seus compañeiros e compañeiras de 3º tamén as aprendan.


martes, 27 de novembro de 2018

25N o CPI Mosteiro Meis en contra da violencia machista

Durante esta última semana leváronse a cabo no centro varias actuacións para concienciar ao noso alumnado sobre a lacra da violencia machista. O alumnado de secundaria e primaria gravou un rap, leuse un manifesto en contra da violencia, publicáronse traballos plásticos, presentacións divulgativas e un longo etcétera. Ademais, fixéronse varios videos que iremos publicando na nosa bitácora.

Hoxe traemos a versión do tema "La Puerta Violeta" de Rozalén que fixo o alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria. Un emocionante alegato en prol da liberdade das mulleres que cada día sofren maltrato na nosa sociedade.


mércores, 21 de novembro de 2018

As historias de 2ºB

O alumnado de 2ºB ven de elaborar unhas historias ben chulas. Debuxáronnas de marabilla e decidiron que era boa idea compartilas con tod@s vos. Cremos que foi boa idea, botádelle un ollo e a ver se vos gustan tanto como a nós :)

venres, 16 de novembro de 2018

O noso magosto

Este ano desfrutamos dun Magosto marabilloso. O tempo acompañounos para asar as castañas, e un ano máis o profesor Julio Tato, agora xa xubilado, demostrou o seu bo facer como castañeiro. Tamén viñeron o profe Adolfo e o profe Manolo. Ademais a celebración fíxose conxuntamente entre secundaria e primaria, desfrutando desta xornada festiva non só o alumnado senón tamén todo o profesorado nas distintos xogos e actividades que se levaron a cabo.

xoves, 25 de outubro de 2018

A polo desfibrilador

Falta pouco para vender as 800 pulseras solidarias e ter o noso desfibrilador. Animádevos!

xoves, 11 de outubro de 2018

En sexto temos nova web!

Que sorpresa nos levamos esta semana ao descubrir a chulísima web que estrean os de sexto. As rapazas e os rapaces maiores de primaria preséntanse mediante este medio tan moderno. Non vos perdades nadiña porque ademais de supercolorida está chea de información moi interesante.

https://manuelraulmuca.wixsite.com/sexto

Premede na imaxe se queredes saber máis

mércores, 10 de outubro de 2018

Proximamente

Estade atentos/as á canle de youtube do cole porque proximamente poderedes ver unha estrea internacional


xoves, 27 de setembro de 2018

EDIXGAL

Que será eso do EDIXGAL do que tanta xente fala?

Hai nenos e nenas que están traballando cuns ordenadores vermellos ben chulos, pero en que consiste en realidade?

Premede na imaxe e descubriredes un pouco máis deste proxecto dixital tan interesante co que comezamos este ano nos cursos de 5º de Primaria e 1º da ESO.

https://www.edu.xunta.gal/centros/zonapontevedrad6/aulavirtual2/pluginfile.php/3084/mod_resource/content/1/Abalar_folleto_DEFINITIVO.pdf

martes, 4 de setembro de 2018

VOLTA AO COLE


Comezamos as clases os días... 

  

Este ano chega cargado de novidades que poderedes ir descubrindo a través do noso blog, entre as cales atópase a chegada do Edixgal para os cursos de 5º de Primaria e 1º da ESO xa que fomos escollidos xunto con outros centros de toda Galicia. Podedes ver a nova premendo aquí.

http://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/25012



luns, 2 de xullo de 2018

A solidaridade do alumnado do CPI Mosteiro Meis na Cadena Ser

O alumnado do CPI Mosteiro Meis xunto cos profesores Raúl, Manuel e Camilo foron entrevistados na Cadena Ser de Pontevedra con motivo do II Solifesti e a colaboración solidaria coa Escola de Xadrez de Pontevedra.


Escoitade aquí a entrevista completa na que falan alumnos e alumnas xunto cos profesores.

http://play.cadenaser.com/audio/1530523497_755813/?leer=on