xoves, 25 de abril de 2019

Kamishibai do Día do Libro

  Co gallo do Día do Libro o alumnado de 4º preparou un fermoso e sonoro kamishibai para os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria: "A oca que non quería marcar o paso". Na nosa biblioteca soaron porquiños, ocas, ovellas, cabalos...con moitas sorpresas e efectos especiais!




xoves, 21 de marzo de 2019

21 de marzo: Día da Poesía

Como conmemoramos o Día da Poesía os nenos e nenas de 4º de Primaria? Pois coa mellor compañía: da man de Frederick, o rato poeta máis famoso do mundo. O fermoso conto de Leo Lionni feito kamishibai gracias a Irene, Simón, Amanda, Antón e Samu.

martes, 2 de maio de 2017

Planetario na nosa Bibliomosteiro

A nosa BiblioMosteiro convertiuse por un día nun marabilloso planetario no que o alumnado de 5º de Primaria guiou ao resto da primaria por unha fantástica viaxe sobre a orixe do universo, o sistema solar, as estrelas e as constelacións.

Música, proxeccións, realidad aumentada, tablets, xogos e contos foron algunas das actividades que se levaron a cabo durante estas xornadas astronómicas. Mirade este vídeo como pequeno exemplo de o que alí aconteceu.


sábado, 28 de xaneiro de 2017

Booktubers de Mosteiro Meis

Os booktubers son unha nova tendencia xuvenil que nos últimos anos ven destacando nas distintas redes sociais, sobre todo en Youtube. Adolescentes de entre 11 e 30 anos, describen na Rede os últimos libros que acaban de ler.
Con miles de comentarios e millóns de visitas nos seus videos, veñen de converterse nun fenónemo imparable.

Dende o Club de Lectura da nosa Bibliomosteiro comezou unha idea para darlle voz a todo o alumnado que quera convertirse en booktuber.