sábado, 4 de novembro de 2017

Asasinatos no CPI Mosteiro Meis

Á mañá do 3 de novembro amencía cun algo distinto no ambiente que se respiraba no CPI Mosteiro Meis. Na primeira hora, unha inquietante nova chegaba a todas as aulas de primaria.
Viñan de producirse unha serie de asasinatos no edificio da radio escolar. Pero non só iso, o profesor de secundaria Fernando, estaba desaparecido e os investigadores da policía tan só atoparon este inquietante video da cámara de seguridade da radio.


O alumnado máis valente, así como algúns dos profesores decidiron entrar na casa acompañados do Teniente Prado da Guardia Civil e máis do Doutor Cabaleiro, médico forense, a ver se eran quen de descifrar o que alí acontecera, sen embargo, as imaxes resultantes desa aventura son se cabe máis escalofriantes e terroríficas. Mirade.

luns, 13 de marzo de 2017

Visita do Conselleiro de Educación Román Rodríguez

Hoxe tivemos no centro a visita do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González. Estivo visitando as instalacións e aproveitamos a ocasión para facerlle unha entrevista na nosa Radio Escolar Mosteiro Meis, a cargo nesta ocasión de Jorge e de María de 6º de Primaria.


Na foto de esquerda a dereita: María, José Luis Pérez Estévez (Alcalde de Meis), Román Rodríguez González (Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), Cores Tourís (Delegado Territorial da Xunta), Jorge e Luis Camilo Fernández Álvarez (Director do CPI Mosteiro Meis)

xoves, 16 de febreiro de 2017

Cartas a Siria - Día da Paz

Seguindo coas celebracións relacionadas co Día da Paz e o conflicto sirio, viñeron á Radio Escolar Mosteiro Meis, Xosé Ramón e Maica de 6º de Primaria e Paula e Milena de 3º da ESO a lernos as súas cartas que foron escollidas entre todas as escritas polo alumnado e faláronnos tamén dalgunhas das actividades que se están preparando na escola para poder colaborar con refuxiad@s siri@s.



sábado, 26 de novembro de 2016

Radio Escolar Mosteiro Meis

Neste curso 2016-2017 temos importantes novidades no cole e sen dúbida unha delas é a creación dunha radio escolar. Nela o noso alumnado poderá levar a cabo todo tipo de programas e contarnos todo aquelo que sucede no centro escolar e nas súas vidas.

Se queredes estar ao tanto de todo o que sucede entrade no seu blog e suscribídevos na súa canle de podcasts. Estade atent@s que pronto estaremos emitindo en directo!

http://radioescolarmosteiromeis.blogspot.com.es/