venres, 23 de marzo de 2018

Concurso de logos para proyecto Erasmus+

 Bases do concurso
Preme na imaxe para consultar as bases do concurso

martes, 13 de marzo de 2018

O noso cole

Tomás, Iván e David de 4º de Educación Primaria fannos esta videotarxeta de presentación do CPI Mosteiro Meis.

Trátase dun proxecto da aula de Audición e Linguaxe no que o alumnado traballou de xeito autónomo dende novembro ata marzo para chegar á consecución deste video, para o que tiveron que facer o guión, o storyboard, a rodaxe, a montaxe (coa axuda do profe), o deseño de carteles e invitacións e por último a estrea.


Aquí tedes a presentación que fixeron diante dos seus compañeir@s e coa que explicaron como foi este proceso tan interesante.

luns, 12 de marzo de 2018

IMPRESIÓN 3D na ESO

Dende a coordinación do equipo TIC fomentouse a posta en marcha da impresora 3D recibida no centro por parte da Xunta. Para elo contouse coa formación dun enxeñeiro de deseño industrial, Iago Iglesias Pose, creador dunha starup de deseño 3D, coñecida como 3DIt Lab.

Iago acudiu ao centro o 20 de febreiro, no que impartiu unha formación de carácter técnico ás clases de 3º da ESO. Foi unha xornada moi fructífera na que aprendimos a relacionar os coñecementos teóricos que tiñamos sobre os materiais e o deseño, cunha realidade práctica que hoxe en día xa é unha realidade, a impresora 3D, a cal, por certo, conseguimos deixar axustada e en marcha.