martes, 26 de xuño de 2018

Coñecer Galicia


Durante todo o curso 2017-2018 o Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística, organizou unha actividade consistente en asociar monumentos ou espazos naturais a un determinado concello. Houbo unha competencia moi dura, pero só uns poucos accederon á final celebrada o 31 de maio. Partindo dos espazos traballados ao longo do curso, preparouse unha gran xincana no patio, na que participou todo o alumnado: uns competindo e outros animando. Houbo espazo para a diversión, para o deporte, para os premios e para a poesía...
Nunca tan alto te viras
dende unha perspectiva tan singular.
Fíxate aló no fondo!
vexo ben ou vexo mal?
está algo revirado...
é un cervo a cabalgar.
Para saberes a onde vai,
a que sitio, destino ou lugar,
fíxate ben no que che digo
e ponte rápido a pensar.

Que dúbida cabe, quedamos con ganas de máis! Non hai máis que ver o vídeo...

venres, 15 de xuño de 2018

O SOLIFESTI foi todo un éxito

Unha segunda edición deste festival que o ano pasado sorprendeu a todo o mundo e que este curso da visos de convertirse nun clásico Meisino.
O profe Raúl, xérmolo e organizador deste II Solifesti cantando cos nenos e nenas de Primaria
Temos que agradecer a toda a comunidade educativa e ao profesorado que se implicou dun xeito incrible. Gracias!




martes, 12 de xuño de 2018

II Festival Solidario SOLIFESTI

O vindeiro xoves 14 de xuño organizaremos a 2ª edición do SOLIFESTI, que como xa sabedes trátase dun festival musical solidario, no que non faltan actuacións de grupos de diversos tipos de música, así como actuacións dos rapaces e rapazas do noso centro.
Ademáis teremos postos de venda de comida e bebida ao igual que o ano pasado. A recadación vai destinada para axuda ao pobo sirio. Contamos co patrocinio de diversas firmas da contorna, así como a do propio CPI Mosteiro-Meis.
Agardamos contar con vós para que o festival sexa todo un éxito, e pasar un bó rato mentres aportamos o noso grao de area na solución humanitaria do pobo sirio.
As actuacións comezarán a partir des 19:00h do xoves 22 de xuño. A entrada é de balde, e a recadación realizarase coa venda de bebidas, choripáns e camisetas.


domingo, 10 de xuño de 2018

Erasmus+ Viaxe a Galway (Irlanda)

Este ano participamos nun novedoso proxecto Erasmus+ do que somos centro coordinador e no que participa un centro escolar de Galway: Coláiste Iognáid. Entre o 2017 e o 2020 estaremos unidos por un proxecto patrimonial coñecido como O MUSEO DO TEMPO - TIME MUSEUM. E do que podedes coñecer moito máis entrando na súa bitácora https://museodotempo.wordpress.com/
Este ano 4ºESO foi o grupo que visitou o seu territorio e que acolleu nas súas familias aos visitantes. A experiencia foi inolvidable e moi enriquecedora. Xa con ganas de que chegue un novo ano para descubrir máis cousas daquela incrible nación e tamén para mostrar toda a riqueza que temos na nosa terra. Se queredes visitar a nosa Tarxeta de Presentación Internacional, premede aquí.
Lembranza desa visita queda o seguinte video resumo, e pronto teremos máis novas, estade atent@s!

O noso máis especial e agarimoso agradecemento para todas as familias que participáchedes neste histórico intercambio con Irlanda. Gracias!