martes, 26 de xuño de 2018

Coñecer Galicia


Durante todo o curso 2017-2018 o Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística, organizou unha actividade consistente en asociar monumentos ou espazos naturais a un determinado concello. Houbo unha competencia moi dura, pero só uns poucos accederon á final celebrada o 31 de maio. Partindo dos espazos traballados ao longo do curso, preparouse unha gran xincana no patio, na que participou todo o alumnado: uns competindo e outros animando. Houbo espazo para a diversión, para o deporte, para os premios e para a poesía...
Nunca tan alto te viras
dende unha perspectiva tan singular.
Fíxate aló no fondo!
vexo ben ou vexo mal?
está algo revirado...
é un cervo a cabalgar.
Para saberes a onde vai,
a que sitio, destino ou lugar,
fíxate ben no que che digo
e ponte rápido a pensar.

Que dúbida cabe, quedamos con ganas de máis! Non hai máis que ver o vídeo...

Ningún comentario:

Publicar un comentario