mércores, 26 de abril de 2017

Xornadas gastronómicas de Granada

Onte celebráronse no centro unhas novas xornadas gastronómicas adicadas a Granada.

O alumnado puido desfrutar dun menú composto por salmorejo, remojón granaíno, carne ao estilo granaíno e pionono de postre. Ademáis o comedor convertiuse nun improvisado "tablao flamenco" no que a cantante Ángeles, acompañada do percusionista granadino José Velero e dos mestres Raúl e Javier interpretaron o tema "En lo alto del cerro de Palomares" da cantante granadina, Estrella Morente. A estas xornadas asistiu o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos da Xunta, José Manuel Pinal.


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2017/04/26/ninos-cpi-mosteiro-saborean-cocina-granada/0003_201704A26C11994.htm

Aquí podedes ver o menú do que desfrutamos en todo o cole

venres, 21 de abril de 2017

Agua es

O alumnado de 4º de Primaria ven de sorprendernos cun xenial video onde interpretan unha versión do tema "Agua es".

En relación directa con todo o traballo que se está levando a cabo co ciclo da auga e o selo de Centro Solidario que nos ven de outorgar a ONG Save the Children, o alumnado deixou boa conta do talento musical que atesouran. Mirade, mirade.

luns, 17 de abril de 2017

Asemblea científica inaugural do Club de Ciencia

Como vos viñamos contando o CPI Mosteiro Meis foi escollido xunto con outros 9 centros en toda Galicia para comezar cun programa piloto da Xunta de Galicia sobre clubs de ciencia.

O pasado 6 de abril de 2017 levouse a cabo a asamblea científica inaugural na que participaron entre outros:
- José Antonio Barros: profesor de Física e Química do centro
- Ofelia Barral: concelleira de cultura do concello de Meis
- Luis Camilo Fernández: director do centro
- O alumnado representante de cada curso da ESO e de Primaria do centro.
- Sandra Serén, alumna de 4º da ESO que actuou como moderadora.

No seguinte video podedes ver como transcurriu esta xuntanza da que sairán as experiencias e preguntas que se irán resolvendo nos vindeiros días. Estade atent@s a esta canle para ir descubrindo como avanza o noso "Club de Ciencia".

martes, 4 de abril de 2017

Olimpíadas escolares

Coa chegada da primavera os de 4º de Primaria botáronse ao patio decididos a aprender dun xeito distinto. Xa están aquí as olimpíadas escolares!

Un bo exemplo é a proba de "Dictado á carreira", non perdades o video onde nos explican como é esta proba tan divertida.

Proceso dixestivo

Os de 4º de Primaria están convertíndose en documentalistas e decidiron comezando facendo unha pequena reportaxe en video sobre o proceso dixestivo. Non vos perdades o chulo que lles quedou.