xoves, 20 de decembro de 2018

Bo nadal de parte do alumnado de sexto

O alumnado de sexto quere felicitarvos as festas cun video aproveitando para enviar unha mensaxe aos Reis Magos, para que teñan cabeciña nestas festas

mércores, 21 de novembro de 2018

As historias de 2ºB

O alumnado de 2ºB ven de elaborar unhas historias ben chulas. Debuxáronnas de marabilla e decidiron que era boa idea compartilas con tod@s vos. Cremos que foi boa idea, botádelle un ollo e a ver se vos gustan tanto como a nós :)

mércores, 10 de outubro de 2018

Proximamente

Estade atentos/as á canle de youtube do cole porque proximamente poderedes ver unha estrea internacional


luns, 2 de xullo de 2018

A solidaridade do alumnado do CPI Mosteiro Meis na Cadena Ser

O alumnado do CPI Mosteiro Meis xunto cos profesores Raúl, Manuel e Camilo foron entrevistados na Cadena Ser de Pontevedra con motivo do II Solifesti e a colaboración solidaria coa Escola de Xadrez de Pontevedra.


Escoitade aquí a entrevista completa na que falan alumnos e alumnas xunto cos profesores.

http://play.cadenaser.com/audio/1530523497_755813/?leer=on

domingo, 10 de xuño de 2018

Erasmus+ Viaxe a Galway (Irlanda)

Este ano participamos nun novedoso proxecto Erasmus+ do que somos centro coordinador e no que participa un centro escolar de Galway: Coláiste Iognáid. Entre o 2017 e o 2020 estaremos unidos por un proxecto patrimonial coñecido como O MUSEO DO TEMPO - TIME MUSEUM. E do que podedes coñecer moito máis entrando na súa bitácora https://museodotempo.wordpress.com/
Este ano 4ºESO foi o grupo que visitou o seu territorio e que acolleu nas súas familias aos visitantes. A experiencia foi inolvidable e moi enriquecedora. Xa con ganas de que chegue un novo ano para descubrir máis cousas daquela incrible nación e tamén para mostrar toda a riqueza que temos na nosa terra. Se queredes visitar a nosa Tarxeta de Presentación Internacional, premede aquí.
Lembranza desa visita queda o seguinte video resumo, e pronto teremos máis novas, estade atent@s!

O noso máis especial e agarimoso agradecemento para todas as familias que participáchedes neste histórico intercambio con Irlanda. Gracias!

martes, 15 de maio de 2018

Visita a Ence e pazo de Lourizán.

O departamento de tecnoloxía organizou unha visita á planta papeleira de Ence en Marín e ó pazo de Lourizán, combinando a observación do proceso industrial para a elaboración da pasta de papel coa visita ó magnífico xardín do pazo. 

mércores, 9 de maio de 2018

Correlingua 2018

Alumnos e alumnas de primaria e secundaria desplazáronse coas súas pancartas a Pontevedra para a última edición do correlingua. Pasaron a mañá polas rúas e prazas compartindo alegría e entusiamo "A LINGUA NON PARA!". 

venres, 27 de abril de 2018

Xadrez, Estratexia pola paz.

O pasado día 26 de abril visitáronnos Daniel Rivera, Pablo García e David Fernández da Escola de Xadrez de Pontevedra. Presentaron o seu proxecto "Xadrez, estratexia pola paz" no que anualmente visitan o campo de refuxiados sirios de Azraq. Tras unha charla explicativa Pablo e David xogaron unha serie de partidas simultáneas con alumnos, pais e profesores do noso centro.


Ligazóns:
Escola de xadrez de Pontevedra
Xadrez, estratexia pola paz.

martes, 13 de marzo de 2018

O noso cole

Tomás, Iván e David de 4º de Educación Primaria fannos esta videotarxeta de presentación do CPI Mosteiro Meis.

Trátase dun proxecto da aula de Audición e Linguaxe no que o alumnado traballou de xeito autónomo dende novembro ata marzo para chegar á consecución deste video, para o que tiveron que facer o guión, o storyboard, a rodaxe, a montaxe (coa axuda do profe), o deseño de carteles e invitacións e por último a estrea.


Aquí tedes a presentación que fixeron diante dos seus compañeir@s e coa que explicaron como foi este proceso tan interesante.

luns, 12 de marzo de 2018

IMPRESIÓN 3D na ESO

Dende a coordinación do equipo TIC fomentouse a posta en marcha da impresora 3D recibida no centro por parte da Xunta. Para elo contouse coa formación dun enxeñeiro de deseño industrial, Iago Iglesias Pose, creador dunha starup de deseño 3D, coñecida como 3DIt Lab.

Iago acudiu ao centro o 20 de febreiro, no que impartiu unha formación de carácter técnico ás clases de 3º da ESO. Foi unha xornada moi fructífera na que aprendimos a relacionar os coñecementos teóricos que tiñamos sobre os materiais e o deseño, cunha realidade práctica que hoxe en día xa é unha realidade, a impresora 3D, a cal, por certo, conseguimos deixar axustada e en marcha.

sábado, 17 de febreiro de 2018

Os Regheifeiros

O día do entroido en secundaria tivemos a fortuna de recibir a visita de dous regheifeiros mois especiais Pinto de Herbón e Luís, o Caruncho, cos que nos divertimos moito e aprendimos a moito sobre as regheifas.


Día da Paz

Nesta ocasión adicamos o Día da Paz a Malala. Houbo un manifesto que leu Nerea Gómez de 2º da ESO e entre todos cantamos unha canción interpretada polos profes do cole.

xoves, 21 de decembro de 2017

Postal de Nadal 2017

Bo Nadal e felices festas a todo o mundo



domingo, 3 de decembro de 2017

Contra a violencia de xénero

Se o outro día eran o alumnado de 3º de Primaria o que co seu video loitaba contra a violencia de xénero, neste caso é a rapazada de 3º pero da ESO a que nos veñen a falar das verbas tóxicas e de cales son os seus antídotos. Non perdades este video que está xenial.

domingo, 26 de novembro de 2017

Cambiar está na túa man 25N

#cambiarestánatúaman Este é o hastag co que o alumnado de 3º de Primaria quere mudar as cousas no 25 de novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Un día importante e que elas e eles consideran que as cousas poden cambiar dende xa e que o cambio está na man de cada un. Comezando por eliminar as malas palabras que provocan o maltrato e a violencia.


Galiciencia 2017

Nuns días seguro que poderemos escoitar da mesma voz de Milena e o profe Camilo a xenial experiencia que foi este ano Galiciencia.



Polo de pronto aquí podedes ver un video resumo do traballo co que participaron: "Do pizarrín á pizarra dixital".