Arrancou por fin o proxecto Xornalistas Escolares. Unha idea que nace na aula de Audición e Linguaxe co
obxectivo principal de mellorar a comunicación e expresión oral do alumnado dos nosos últimos ciclos de Educación Primaria. Nesta primeira edición poderá apuntarse, de xeito voluntario, alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.
Os protagonistas son todos os alumnos e
alumnas que de xeito voluntario e por parellas, participan neste
proxecto piloto e que durante dúas semanas exercerán de xornalistas por todo o centro.
Co seu carné de prensa terán certos
privilexios á hora de estar na primeira liña dos eventos máis destacados
do centro, saídas ou experiencias novidosas, así como o “dereito á
impertinencia”, que lles permitirá preguntar e resolver dúbidas durante
todos estos eventos. Aparte poderán solicitar se así o necesitran o
emprego temporal dunha cámara de fotos dixital. Tamén serán usuarios
directos dunha tablet e un ordenador portátil para a subida dos contidos
a este diario. Por último, aprenderán o manexo principal da mesa de
mezclas e editor de audio da Radio Escolar Mosteiro Meis.
Ao longo do curso o alumnado que demostre ter mellorado na
elaboración de novas e transmisión das mesmas irá adquirindo novos
niveis e responsabilidades, categorizadas do seguinte xeito por orde de
importancia:
- Becari@
- Plumilla
- Locutor/a
- Director/a
- Técnico de radio
Xa podedes escoitar os programas que eles e elas mesm@s gravan e ler as novas que veñen de escribir no seu diario dixital