domingo, 3 de decembro de 2017

Arrancou o proxecto Xornalistas Escolares

Arrancou por fin o proxecto Xornalistas Escolares. Unha idea que nace na aula de Audición e Linguaxe co obxectivo principal de mellorar a comunicación e expresión oral do alumnado dos nosos últimos ciclos de Educación Primaria. Nesta primeira edición poderá apuntarse, de xeito voluntario, alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.

https://xornalistasescolares.wordpress.com/

Os protagonistas son todos os alumnos e alumnas que de xeito voluntario e por parellas, participan neste proxecto piloto e que durante dúas semanas exercerán de xornalistas por todo o centro.

Co seu carné de prensa terán certos privilexios á hora de estar na primeira liña dos eventos máis destacados do centro, saídas ou experiencias novidosas, así como o “dereito á impertinencia”, que lles permitirá preguntar e resolver dúbidas durante todos estos eventos. Aparte poderán solicitar se así o necesitran o emprego temporal dunha cámara de fotos dixital. Tamén serán usuarios directos dunha tablet e un ordenador portátil para a subida dos contidos a este diario. Por último, aprenderán o manexo principal da mesa de mezclas e editor de audio da Radio Escolar Mosteiro Meis.

Ao longo do curso o alumnado que demostre ter mellorado na elaboración de novas e transmisión das mesmas irá adquirindo novos niveis e responsabilidades, categorizadas do seguinte xeito por orde de importancia:
  • Becari@
  • Plumilla
  • Locutor/a
  • Director/a
  • Técnico de radio
Xa podedes escoitar os programas que eles e elas mesm@s gravan e ler as novas que veñen de escribir no seu diario dixital

Ningún comentario:

Publicar un comentario