Pois si amighiñ@s, o final deste fantástico curso chegou ao CPI Mosteiro Meis e fíxoo do mellor xeito posible, cun festival solidario no que participou tanto alumnado como profesorado e músic@s de toda a bisbarra. O evento foi de tal magnitude que incluso o Faro de Vigo fíxose eco.
Despedimos xa o curso e non o podemos facer sen darlle as gracias a todos, os que viñeron novos e aos que se van, a todas as familias, profesorado, compañeiros e compañeiras que traballan no centro e por suposto á nosa razón de existir, ao noso querido alumnado.
Desfrutade das merecidas vacacións! Vémonos en setembro!
Este xoves 22 de xuño celebramos o 1º Festival Solidario do CPI Mosteiro Meis, o SOLIFESTI para recaudar fondos e axudar ao pobo Sirio. E o remate dun proxecto que este ano levou a cabo o centro. O xoves haberá actuacións de grupos de profes e outras bandas da zona e de Pontevedra e Vigo que amenizarán unha xornada na que toda a comunidade educativa se dará cita no Campo da Feira de Mosteiro (Meis). Haberá comida, bebida e moita festa!
O alumnado de 1º e 2º de Primaria participou durante este curso nun obradoiro de filosofía.
Durante dúas sesións á semana estes nenos e nenas traballaron ideas como: autocoñecemento e personalidad, empatía cos demáis, resolución de conflictos... a través de vídeos, imaxes, traballos en grupo e debates.
A experiencia gustou tanto que xa pensamos en repetila para o curso que ven!
O traballo feito para o día das Letras Galegas polos profes Raúl, Manuel e Fernando está de finalista no concurso de curtas e videos escolares Olloboi como a mellor Banda Sonora Orixinal. Agardemos poder traer o premio nuns días. Estade atent@s!
Para festexar o día das Letras Galegas que este ano 2017 homenaxea a Carlos Casares, nunha aula do CPI Mosteiro Meis o alumnado retou ao seu profesor a que lles rapeara a vida de Carlos Casares.
A nosa BiblioMosteiro convertiuse por un día nun marabilloso planetario no que o alumnado de 5º de Primaria guiou ao resto da primaria por unha fantástica viaxe sobre a orixe do universo, o sistema solar, as estrelas e as constelacións.
Música, proxeccións, realidad aumentada, tablets, xogos e contos foron algunas das actividades que se levaron a cabo durante estas xornadas astronómicas. Mirade este vídeo como pequeno exemplo de o que alí aconteceu.
Onte celebráronse no centro unhas novas xornadas gastronómicas adicadas a Granada.
O alumnado puido desfrutar dun menú composto por salmorejo, remojón granaíno, carne ao estilo granaíno e pionono de postre. Ademáis o comedor convertiuse nun improvisado "tablao flamenco" no que a cantante Ángeles, acompañada do percusionista granadino José Velero e dos mestres Raúl e Javier interpretaron o tema "En lo alto del cerro de Palomares" da cantante granadina, Estrella Morente. A estas xornadas asistiu o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos da Xunta, José Manuel Pinal.
Como vos viñamos contando o CPI Mosteiro Meis foi escollido xunto con outros 9 centros en toda Galicia para comezar cun programa piloto da Xunta de Galicia sobre clubs de ciencia.
O pasado 6 de abril de 2017 levouse a cabo a asamblea científica inaugural na que participaron entre outros:
- José Antonio Barros: profesor de Física e Química do centro
- Ofelia Barral: concelleira de cultura do concello de Meis
- Luis Camilo Fernández: director do centro
- O alumnado representante de cada curso da ESO e de Primaria do centro.
- Sandra Serén, alumna de 4º da ESO que actuou como moderadora.
No seguinte video podedes ver como transcurriu esta xuntanza da que sairán as experiencias e preguntas que se irán resolvendo nos vindeiros días. Estade atent@s a esta canle para ir descubrindo como avanza o noso "Club de Ciencia".
Os de 4º de Primaria están convertíndose en documentalistas e decidiron comezando facendo unha pequena reportaxe en video sobre o proceso dixestivo. Non vos perdades o chulo que lles quedou.
A bitácora dixital Maestros con los niños de Siria faise eco do traballo solidario que fixemos dende o centro para sensibilizar e apoiar aos nenos e nenas que sufren inxustamente este conflicto.
Outra vez estamos de noraboa xa que o noso querido CPI foi escollido xunto con outros 9 centros de Galicia para participar nun programa de Innovación Educativa chamado "Club de Ciencia".
Agora o profesorado e o alumnado están traballando para organizar este fantástico programa que dará a oportunidade dun novo modelo de aprendizaxe para o noso alumnado baseado na ciencia.
Moi pronto teredes máis novas de que todo o que imos facer.
Aínda non coñecedes aos Correspondentes Xuvenís 3.0 do CPI Mosteiro Meis? Pois xa estades tardando porque eles/as distribúen toda a información que a ti como rapaz ou rapaza nov@ pódeche interesar. A info ven dende a OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) do concello de Meis e dende a Dirección Xeral de Xuventude.
Que aínda non sabes onde podes atopar toda esa info? Pois apunta porque teñen un blog que é unha pasada! Mira, mira!
Dende o centro tivemos a oportunidade de charlar coa científica pontevedresa Silvia Varela, nunha videoconferencia na que participou o alumnado da ESO e que foi moi pero que moi interesante.
A prensa tamén se fixo eco da nova que podedes ler aquí.
E próximamente colgaremos un video desta charla tan interesante.
Os nenos e nenas de 1º de Primaria estiveron traballando un conto fermoso do libro "Palabras de África" que remataron cun videomontaxe da historia.
A historia titúlase "O elefante e a galiña" e pouco a pouco elaboraron os materiais e a historia. Despois de varios ensaios gravouse todo na aula e este foi o resultado. Agardamos que vos guste.
Hoxe tivemos no centro a visita do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González. Estivo visitando as instalacións e aproveitamos a ocasión para facerlle unha entrevista na nosa Radio Escolar Mosteiro Meis, a cargo nesta ocasión de Jorge e de María de 6º de Primaria.
Na foto de esquerda a dereita: María, José Luis Pérez Estévez (Alcalde de Meis), Román Rodríguez González (Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), Cores Tourís (Delegado Territorial da Xunta), Jorge e Luis Camilo Fernández Álvarez (Director do CPI Mosteiro Meis)
Hoxe sábado 18 o noso querido cole é portada da prensa "La Voz de Galicia" co motivo das xornadas grastronómicas e todo o proxecto de sensibilización sobre a situación Siria e d@s nen@s refuxiad@s.