martes, 27 de novembro de 2018

25N o CPI Mosteiro Meis en contra da violencia machista

Durante esta última semana leváronse a cabo no centro varias actuacións para concienciar ao noso alumnado sobre a lacra da violencia machista. O alumnado de secundaria e primaria gravou un rap, leuse un manifesto en contra da violencia, publicáronse traballos plásticos, presentacións divulgativas e un longo etcétera. Ademais, fixéronse varios videos que iremos publicando na nosa bitácora.

Hoxe traemos a versión do tema "La Puerta Violeta" de Rozalén que fixo o alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria. Un emocionante alegato en prol da liberdade das mulleres que cada día sofren maltrato na nosa sociedade.


mércores, 21 de novembro de 2018

As historias de 2ºB

O alumnado de 2ºB ven de elaborar unhas historias ben chulas. Debuxáronnas de marabilla e decidiron que era boa idea compartilas con tod@s vos. Cremos que foi boa idea, botádelle un ollo e a ver se vos gustan tanto como a nós :)

venres, 16 de novembro de 2018

O noso magosto

Este ano desfrutamos dun Magosto marabilloso. O tempo acompañounos para asar as castañas, e un ano máis o profesor Julio Tato, agora xa xubilado, demostrou o seu bo facer como castañeiro. Tamén viñeron o profe Adolfo e o profe Manolo. Ademais a celebración fíxose conxuntamente entre secundaria e primaria, desfrutando desta xornada festiva non só o alumnado senón tamén todo o profesorado nas distintos xogos e actividades que se levaron a cabo.