martes, 26 de xuño de 2018

Coñecer Galicia


Durante todo o curso 2017-2018 o Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística, organizou unha actividade consistente en asociar monumentos ou espazos naturais a un determinado concello. Houbo unha competencia moi dura, pero só uns poucos accederon á final celebrada o 31 de maio. Partindo dos espazos traballados ao longo do curso, preparouse unha gran xincana no patio, na que participou todo o alumnado: uns competindo e outros animando. Houbo espazo para a diversión, para o deporte, para os premios e para a poesía...
Nunca tan alto te viras
dende unha perspectiva tan singular.
Fíxate aló no fondo!
vexo ben ou vexo mal?
está algo revirado...
é un cervo a cabalgar.
Para saberes a onde vai,
a que sitio, destino ou lugar,
fíxate ben no que che digo
e ponte rápido a pensar.

Que dúbida cabe, quedamos con ganas de máis! Non hai máis que ver o vídeo...

venres, 15 de xuño de 2018

O SOLIFESTI foi todo un éxito

Unha segunda edición deste festival que o ano pasado sorprendeu a todo o mundo e que este curso da visos de convertirse nun clásico Meisino.
O profe Raúl, xérmolo e organizador deste II Solifesti cantando cos nenos e nenas de Primaria
Temos que agradecer a toda a comunidade educativa e ao profesorado que se implicou dun xeito incrible. Gracias!




martes, 12 de xuño de 2018

II Festival Solidario SOLIFESTI

O vindeiro xoves 14 de xuño organizaremos a 2ª edición do SOLIFESTI, que como xa sabedes trátase dun festival musical solidario, no que non faltan actuacións de grupos de diversos tipos de música, así como actuacións dos rapaces e rapazas do noso centro.
Ademáis teremos postos de venda de comida e bebida ao igual que o ano pasado. A recadación vai destinada para axuda ao pobo sirio. Contamos co patrocinio de diversas firmas da contorna, así como a do propio CPI Mosteiro-Meis.
Agardamos contar con vós para que o festival sexa todo un éxito, e pasar un bó rato mentres aportamos o noso grao de area na solución humanitaria do pobo sirio.
As actuacións comezarán a partir des 19:00h do xoves 22 de xuño. A entrada é de balde, e a recadación realizarase coa venda de bebidas, choripáns e camisetas.


domingo, 10 de xuño de 2018

Erasmus+ Viaxe a Galway (Irlanda)

Este ano participamos nun novedoso proxecto Erasmus+ do que somos centro coordinador e no que participa un centro escolar de Galway: Coláiste Iognáid. Entre o 2017 e o 2020 estaremos unidos por un proxecto patrimonial coñecido como O MUSEO DO TEMPO - TIME MUSEUM. E do que podedes coñecer moito máis entrando na súa bitácora https://museodotempo.wordpress.com/
Este ano 4ºESO foi o grupo que visitou o seu territorio e que acolleu nas súas familias aos visitantes. A experiencia foi inolvidable e moi enriquecedora. Xa con ganas de que chegue un novo ano para descubrir máis cousas daquela incrible nación e tamén para mostrar toda a riqueza que temos na nosa terra. Se queredes visitar a nosa Tarxeta de Presentación Internacional, premede aquí.
Lembranza desa visita queda o seguinte video resumo, e pronto teremos máis novas, estade atent@s!

O noso máis especial e agarimoso agradecemento para todas as familias que participáchedes neste histórico intercambio con Irlanda. Gracias!

xoves, 24 de maio de 2018

Unindo proxectos: Ríos e fitofaladoiro.

Fitofaladoiro_2018
O pasado mércores 16 de maio o alumnado de 2º de ESO desprazouse ao río Rego de San Tomé para estudar o seu ecosistema vexetal, nomeadamente as súas especies arbóreas. Esta visita enmárcase dentro do proxecto Fitofaladoiro que persegue conxugar os coñecementos da Bioloxía cos da Filoloxía, os da natureza e cos da lingua.
Guiados por Camilo e acompañados por Carlos e Fernando, primeiro fixemos un breve percorrido polo patio do Centro para tomar referencias dalgunhas árbores que máis tarde atopariamos en estado silvestre no propio río.
Aquí queda unha pequena memoria visual do día...




Tamén incluímos unha montaxe fotográfica do día.






martes, 15 de maio de 2018

Visita a Ence e pazo de Lourizán.

O departamento de tecnoloxía organizou unha visita á planta papeleira de Ence en Marín e ó pazo de Lourizán, combinando a observación do proceso industrial para a elaboración da pasta de papel coa visita ó magnífico xardín do pazo. 

mércores, 9 de maio de 2018

Correlingua 2018

Alumnos e alumnas de primaria e secundaria desplazáronse coas súas pancartas a Pontevedra para a última edición do correlingua. Pasaron a mañá polas rúas e prazas compartindo alegría e entusiamo "A LINGUA NON PARA!". 

venres, 4 de maio de 2018

Fomos de intercambio a Galway

Alá foron os estudiantes do Mosteiro a coñecer a terra Irlandesa de Galway. Unha experiencia Erasmus+ inolvidable e o noso agradecemento a todas as familias que participaron neste intercambio, tanto ás de Meis como ás de Galway, así como ao profesorado irlandés: Cathal e Liam.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/meis/2018/05/03/alumnos-meis-irlanda/0003_201805A3C4993.htmRecepción do alumnado de Meis por parte do alcalde de Galway