domingo, 3 de decembro de 2017

Arrancou o proxecto Xornalistas Escolares

Arrancou por fin o proxecto Xornalistas Escolares. Unha idea que nace na aula de Audición e Linguaxe co obxectivo principal de mellorar a comunicación e expresión oral do alumnado dos nosos últimos ciclos de Educación Primaria. Nesta primeira edición poderá apuntarse, de xeito voluntario, alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.

https://xornalistasescolares.wordpress.com/

Os protagonistas son todos os alumnos e alumnas que de xeito voluntario e por parellas, participan neste proxecto piloto e que durante dúas semanas exercerán de xornalistas por todo o centro.

Co seu carné de prensa terán certos privilexios á hora de estar na primeira liña dos eventos máis destacados do centro, saídas ou experiencias novidosas, así como o “dereito á impertinencia”, que lles permitirá preguntar e resolver dúbidas durante todos estos eventos. Aparte poderán solicitar se así o necesitran o emprego temporal dunha cámara de fotos dixital. Tamén serán usuarios directos dunha tablet e un ordenador portátil para a subida dos contidos a este diario. Por último, aprenderán o manexo principal da mesa de mezclas e editor de audio da Radio Escolar Mosteiro Meis.

Ao longo do curso o alumnado que demostre ter mellorado na elaboración de novas e transmisión das mesmas irá adquirindo novos niveis e responsabilidades, categorizadas do seguinte xeito por orde de importancia:
  • Becari@
  • Plumilla
  • Locutor/a
  • Director/a
  • Técnico de radio
Xa podedes escoitar os programas que eles e elas mesm@s gravan e ler as novas que veñen de escribir no seu diario dixital

Contra a violencia de xénero

Se o outro día eran o alumnado de 3º de Primaria o que co seu video loitaba contra a violencia de xénero, neste caso é a rapazada de 3º pero da ESO a que nos veñen a falar das verbas tóxicas e de cales son os seus antídotos. Non perdades este video que está xenial.

domingo, 26 de novembro de 2017

Cambiar está na túa man 25N

#cambiarestánatúaman Este é o hastag co que o alumnado de 3º de Primaria quere mudar as cousas no 25 de novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Un día importante e que elas e eles consideran que as cousas poden cambiar dende xa e que o cambio está na man de cada un. Comezando por eliminar as malas palabras que provocan o maltrato e a violencia.


Galiciencia 2017

Nuns días seguro que poderemos escoitar da mesma voz de Milena e o profe Camilo a xenial experiencia que foi este ano Galiciencia.



Polo de pronto aquí podedes ver un video resumo do traballo co que participaron: "Do pizarrín á pizarra dixital".







sábado, 18 de novembro de 2017

Galiciencia 2017

De novo un ano máis o CPI Mosteiro Meis acudirá a Galiciencia da man do profe Camilo e o alumnado de 4º da ESO. E xa é o cuarto ano!  Noraboa polo traballo!

As encargadas de representarnos serán dúas rapazas: Sandra e Milena. Moita sorte compañeiras!

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/o-grove/2017/11/17/valle-inclan-mosteiro-colegios-elegidos-galiciencia/0003_201711A17C5991.htm

sábado, 4 de novembro de 2017

Asasinatos no CPI Mosteiro Meis

Á mañá do 3 de novembro amencía cun algo distinto no ambiente que se respiraba no CPI Mosteiro Meis. Na primeira hora, unha inquietante nova chegaba a todas as aulas de primaria.
Viñan de producirse unha serie de asasinatos no edificio da radio escolar. Pero non só iso, o profesor de secundaria Fernando, estaba desaparecido e os investigadores da policía tan só atoparon este inquietante video da cámara de seguridade da radio.


O alumnado máis valente, así como algúns dos profesores decidiron entrar na casa acompañados do Teniente Prado da Guardia Civil e máis do Doutor Cabaleiro, médico forense, a ver se eran quen de descifrar o que alí acontecera, sen embargo, as imaxes resultantes desa aventura son se cabe máis escalofriantes e terroríficas. Mirade.

mércores, 18 de outubro de 2017

Manifesto contra os lumes en Galicia


Dende o CPI Mosteiro Meis quixemos facernos eco da barbarie que sufriu a nosa terra durante estes días. Cun manifesto en contra dos lumes e un minuto de silencio en lembranza das vítimas quixemos deixar patente que Galicia non arde senón que estana a queimar #ardegalicia #queimangalicia




martes, 5 de setembro de 2017

Volta a escola

Benvid@s un ano máis a un novo curso escolar. Agardamos que collérades boa enerxía durante as vacacións de verán porque isto está a puntiño de comezar. Ánimo a todo o mundo e benvid@s!

COMEZA O CURSO 2017-2018