Despois da gran experiencia que foi asistir a Galiciencia co proxecto sobre o peso das mochilas, faltábanos compartir os datos cos nosos compañeiros e compañeiras. Estes días o alumnado de 4º de Primaria está a facer pequenas demostracións de como colocar a mochila, que peso podemos levar, que problemas corporales poderíamos ter no futuro...
O alumnado de 1º,2º e 4º de Primaria visitou o Parque Rupestre de Campo Lameiro para iniciar os proxectos sobre a Prehistoria. Alí fixeron varios obradoiros de cerámica, fogo, petróglifos... e aprenderon moitas máis cousas sobre como viviron os nosos antepasados en Galicia.
O alumnado de 4º participou nesta edición de Galiciencia 2019 co seu proxecto "O peso das mochilas escolares". Despois de moito traballo no cole de recollida de datos, análise da información e búsqueda de solucións presentaron o proxecto xunto cos compañeiros e compañeiras de 5º de Primaria e 3º da ESO do Club de Ciencias. Parabéns para todos os nosos científicos e científicas!!!
Co gallo do Día do Libro o alumnado de 4º preparou un fermoso e sonoro kamishibai para os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria: "A oca que non quería marcar o paso". Na nosa biblioteca soaron porquiños, ocas, ovellas, cabalos...con moitas sorpresas e efectos especiais!
Todo o alumnado do CPI Mosteiro Meis participou neste interesantísimo reto do departamento de Matemáticas e o Club de Ciencias: construir as chamadas "Cúpulas de Leonardo". Son 11 estructuras xeométricas diferentes formadas por piezas de madera encaixables que precisan de moito traballo en equipo!
Como conmemoramos o Día da Poesía os nenos e nenas de 4º de Primaria? Pois coa mellor compañía: da man de Frederick, o rato poeta máis famoso do mundo. O fermoso conto de Leo Lionni feito kamishibai gracias a Irene, Simón, Amanda, Antón e Samu.