martes, 31 de xaneiro de 2017

Videoconferencia co Astral

Dentro dos actos de sensibilización co conflicto sirio polo Día da Paz deste ano 2017, incluiuse unha actividade de videoconferencia coa tripulación do barco Astral da ONG Open Arms que se atopa nas costas gregas, en Lesbos, tratando de rescatar aos refuxiad@s que escapan do horror da guerra.


Vimos o vídeo  do programa de Salvados de Jordi Évole e despois fixémoslles preguntas sobre o seu traballo.


luns, 30 de xaneiro de 2017

Día da Paz 2017

Co motivo do festexo do Día da Paz este 30 de xaneiro sensibilizamos ao alumnado de Primaria sobre @s nen@s refuxiad@s de Siria. Na clase explicouse o motivo de que Siria esté en guerra e puidemos entender mellor o que sinten @s nen@s dese país con videos como este de Save the Children ou este outro de UNICEF.

Dende as clases de 3º de Primaria, o alumnado gravou unha serie de mensaxes de esperanza e ánimo para @s nen@s que por causa da guerra non poden voltar ás súas casas. Este foi o resultado.



Ademáis todas as aulas de primaria fixeron un traballo conxunto elaborando un collage coa figura de Nelson Mandela e unha das súas frases máis emblemáticas. O resultado foi espectacular como podedes ver na imaxe e pasará a estar colgada enfronte á figura de Gandhi feita no curso anterior nas que se darán por chamar as "Escaleiras para a Paz".

domingo, 29 de xaneiro de 2017

A curta de 4º da ESO sobre a violencia de xénero na RTVG

O programa A Revista FDS da TVG fíxose eco do traballo do alumnado de 4º da ESO e a súa curta "#NONPASESDETODO Rexeita o maltrato" achegándose ata o cole a facer unha reportaxe sobre o tema que podedes ver premendo na imaxe.

http://www.crtvg.es/informativos/o-cpi-mosteiro-en-meis-fai-unha-curta-contra-a-violencia-de-xenero-2691211

sábado, 28 de xaneiro de 2017

Booktubers de Mosteiro Meis

Os booktubers son unha nova tendencia xuvenil que nos últimos anos ven destacando nas distintas redes sociais, sobre todo en Youtube. Adolescentes de entre 11 e 30 anos, describen na Rede os últimos libros que acaban de ler.
Con miles de comentarios e millóns de visitas nos seus videos, veñen de converterse nun fenónemo imparable.

Dende o Club de Lectura da nosa Bibliomosteiro comezou unha idea para darlle voz a todo o alumnado que quera convertirse en booktuber.

mércores, 11 de xaneiro de 2017

Bitácora do club de lectura

O "Club de Lectura" do CPI Mosteiro Meis estrea bitácora nesta ligazón:
http://clubdelecturacpimosteiromeis.blogspot.com
E que mellor forma de facelo que a través dun divertido video do reto "Mannequin Challenge", mirade mirade.

venres, 23 de decembro de 2016

Bo nadal

Dende o CPI de Mosteiro Meis queremos desexarvos un bo nadal e unhas felices festas en familia e facémolo a través desta video postal navideña. Ata o ano que ven!

domingo, 27 de novembro de 2016

Amor vs Desamor

Tamén quixeron participar @s máis pequen@s do cole no 25N e fixérono falando do AMOR e do DESAMOR, que aínda que pareza que non, diso saben un cacho.

O alumnado de primeiro e segundo de primaria fixo uns debuxos chulísimos e despois foron pasando por diante da cámara a explicarnos que era iso do amor e do desamor. Mirade o resultado, non diredes que non saben do que falan?


Andanzas: historias pisadas

O alumnado de 4º da ESO sensibilizado co tema da violencia de xénero desta semana de novembro, fixeron unha serie de cuñas publicitarias basándose nos carteis de "busco parella".