Aproveitando que a moda do cubo de Rubik votou polo CPI de Mosteiro Meis dende o departamento de Matemáticas de Secundaria organizáronse uns encontros no patio para aprender técnicas e algoritmos que resolvan as caras do cubo. Nenos e nenas de secundaria fixeron de profesorado, mostrándolle ao resto como resolver este enigma cúbico.
Como remate dos proxectos " A nosa localidade" de 2º de Primaria e "Institucións e organismos públicos" de 4º de Primaria, hoxe visitamos o concello de Meis. O alcalde recibiunos no Salón de Plenos e contestou a todas as nosas preguntas.
Menuda saída científica que fixo o alumnado de 4º e 6º de Primaria! Pola mañá o MUNCYT, cheo de inventos, robots...e, o mellor, a cabina dun avión! Pola tarde, un paseo marítimo repleto de datos históricos e, para rematar, visita á Casa das Ciencias, a mellor forma de fomentar o espíritu científico dos nenos e nenas!!
Aprender as tablas de multiplicar é moi divertido! Os nenos e nenas de 4º de Primaria xa as saben moi ben e organizaron uns obradoiros de xogos para que os seus compañeiros e compañeiras de 3º tamén as aprendan.
Durante esta última semana leváronse a cabo no centro varias actuacións para concienciar ao noso alumnado sobre a lacra da violencia machista. O alumnado de secundaria e primaria gravou un rap, leuse un manifesto en contra da violencia, publicáronse traballos plásticos, presentacións divulgativas e un longo etcétera. Ademais, fixéronse varios videos que iremos publicando na nosa bitácora.
Hoxe traemos a versión do tema "La Puerta Violeta" de Rozalén que fixo o alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria. Un emocionante alegato en prol da liberdade das mulleres que cada día sofren maltrato na nosa sociedade.
O alumnado de 2ºB ven de elaborar unhas historias ben chulas. Debuxáronnas de marabilla e decidiron que era boa idea compartilas con tod@s vos. Cremos que foi boa idea, botádelle un ollo e a ver se vos gustan tanto como a nós :)