domingo, 9 de decembro de 2018

Excursión á Coruña

  Menuda saída científica que fixo o alumnado de 4º e 6º de Primaria! Pola mañá o MUNCYT, cheo de inventos, robots...e, o mellor, a cabina dun avión! Pola tarde, un paseo marítimo repleto de datos históricos e, para rematar, visita á Casa das Ciencias, a mellor forma de fomentar o espíritu científico dos nenos e nenas!!

                                                                                              


sábado, 1 de decembro de 2018

Xogando a multiplicar

Aprender as tablas de multiplicar é moi divertido! Os nenos e nenas de 4º de Primaria xa as saben moi ben e  organizaron uns obradoiros de xogos para que os seus compañeiros e compañeiras de 3º tamén as aprendan.


martes, 27 de novembro de 2018

25N o CPI Mosteiro Meis en contra da violencia machista

Durante esta última semana leváronse a cabo no centro varias actuacións para concienciar ao noso alumnado sobre a lacra da violencia machista. O alumnado de secundaria e primaria gravou un rap, leuse un manifesto en contra da violencia, publicáronse traballos plásticos, presentacións divulgativas e un longo etcétera. Ademais, fixéronse varios videos que iremos publicando na nosa bitácora.

Hoxe traemos a versión do tema "La Puerta Violeta" de Rozalén que fixo o alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria. Un emocionante alegato en prol da liberdade das mulleres que cada día sofren maltrato na nosa sociedade.


mércores, 21 de novembro de 2018

As historias de 2ºB

O alumnado de 2ºB ven de elaborar unhas historias ben chulas. Debuxáronnas de marabilla e decidiron que era boa idea compartilas con tod@s vos. Cremos que foi boa idea, botádelle un ollo e a ver se vos gustan tanto como a nós :)

venres, 16 de novembro de 2018

O noso magosto

Este ano desfrutamos dun Magosto marabilloso. O tempo acompañounos para asar as castañas, e un ano máis o profesor Julio Tato, agora xa xubilado, demostrou o seu bo facer como castañeiro. Tamén viñeron o profe Adolfo e o profe Manolo. Ademais a celebración fíxose conxuntamente entre secundaria e primaria, desfrutando desta xornada festiva non só o alumnado senón tamén todo o profesorado nas distintos xogos e actividades que se levaron a cabo.

xoves, 25 de outubro de 2018

A polo desfibrilador

Falta pouco para vender as 800 pulseras solidarias e ter o noso desfibrilador. Animádevos!

xoves, 11 de outubro de 2018

En sexto temos nova web!

Que sorpresa nos levamos esta semana ao descubrir a chulísima web que estrean os de sexto. As rapazas e os rapaces maiores de primaria preséntanse mediante este medio tan moderno. Non vos perdades nadiña porque ademais de supercolorida está chea de información moi interesante.

https://manuelraulmuca.wixsite.com/sexto

Premede na imaxe se queredes saber máis

mércores, 10 de outubro de 2018

Proximamente

Estade atentos/as á canle de youtube do cole porque proximamente poderedes ver unha estrea internacional